Consulte a guía paso a paso para usar Adeus Pendrive.
Descargue e instale a aplicación
Descárguea para o seu sistema:
Windows, Android, Amazon Fire ou Smart TV.
Siga as instrucións de instalación.Rexístrese ou inicie sesión
Acceda ao panel de control, onde xestionará todos os contidos e televisións. Rexistrarse / Iniciar sesión.
Active a estación / a televisión
Ao abrir a aplicación por primeira vez, amosarase un código para que o introduza no panel de control.
Vaia á páxina “Televisións” do panel de control para vincular a súa televisión co código amosado.Suba os seus ficheiros
Se o desexa, suba os seus ficheiros de imaxe e vídeo.
Cree a súa lista de reprodución
Escolla o que quere amosar, como os seus ficheiros e o entretemento, e defina a orde, o tempo de exhibición e moito máis.
Amose a súa lista de reprodución
Cambie a configuración da súa televisión para que amose a lista de reprodución que creou.
Listo!
Agora só lle queda xestionar as súas televisións de xeito simple e excepcional! 😉